Nome completo | BMW Sauber F1 Team |
---|---|
Bandeira | Alemaña |
Baseada en | Hinwil, Suíza e Múnic, Alemaña |
Tempadas en activo | 4 (2006 - 2009) |
Número de pilotos | 4 |
Debut | Gran Premio de Bahrain de 2006 |
Carreiras | 70 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 1 |
Pole positions | 1 |
Voltas Rápidas | 2 |
Puntos totais | 308 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Dabi de 2009 |
BMW Sauber F1 Team, ou simplemente BMW Sauber, foi unha escudaría de Fórmula 1 que corría baixo bandeira alemá, propiedade do fabricante de coches BMW e integrada en BMW Motorsport, a súa sección de competición en deportes do motor. Con base en Múnic, Alemaña, onde se traballaba no tren de potencia[1], no cambio de marchas[1] e na electrónica[1], tamén tiña instalacións en Hinwil, Suíza, onde se localizaba a sección de desenvolvemento do chasis[1], que incluía o departamento aerodinámico[2] e o túnel de vento[2], e do despregue do equipo de carreira[1] e de tests[1].
Debutou na tempada de 2006 tras comprar Sauber en 2005, de onde viña o nome, que se mantivo como un xesto de amabilidade en referencia ao pasado da escudaría dirixida por Peter Sauber, que posuía o 20% das accións da escudaría[3] e que seguiu na disciplina do equipo como consultor de Credit Suisse[3] e de Petronas[4], dous dos principais patrocinadores do equipo; mentres que Willy Rampf era o Enxeñeiro Xefe e o Xefe de Equipo era Mario Theissen.
Logo de catro tempadas, BMW decidiu retirarse da Fórmula 1 por motivos económicos. Peter Sauber retoumou o control da escudaría e a pesar de que a marca de coches teutoa non pedira a entrada para o 2010, o equipo logrou a 13º praza para a tempada, e aínda que continúa a competir co mesmo nome por motivos legais, considérase unha continuación da antiga Sauber.